Figura 3: Grade de Dentes

Casa Barbeito da Ibia

Figura exposta na II Esfolla Popular


    A grade é un instrumento agrícola tradicional constituído por unha armazón de trabes que se entrecruzan en ángulo recto, que está dotado de dentes, máis ou menos próximos uns aos outros, e situados na súa parte inferior, e que permite traballar a terra superficialmente, achairándoa, rompendo os terróns e recubrindo o solo, de xeito que quede preparada para o sementado e a xerminación.