Figura 8: Hórreo de Alfonso Molina
A Coruña
O Hórreo de Alfonso Molina, tamén coñecido popularmente como "Hórreo de Continente" ou "Hórreo de Carrefour", é un hórreo situado na cidade da Coruña, ao carón da Avda. de Alfonso Molina. É de tipoloxía "Noia". A cámara atópase cerrada con perpiaños de granito que deixan regañas de ventilación horizontais aliñadas en columnas.
Está sustentado por un total de 6 pares de pés, con forma troncónica, cada un co seu tornarratos.
En canto á cuberta, podemos destacar que é de dúas augas, con tella do país. Leva sobrepenas de granito, con cruz e pináculo como remates.
Por desgraza, nos últimos anos foi vandalizado con graffitis, mais segue a ser un dos principais símbolos da cidade coruñesa.