Figura 9: Hórreo de Amio
Santiago de Compostela
Figura exposta na II Esfolla Popular |
Este hórreo, localizado na zona de Santiago de Compostela, posúe as características propias da tipoloxía "Mahía", que destaca pola ser unha construción que mistura a madeira e a pedra.
Trátase dun hórreo elevado sobre tres cepas, cun tornarratos de estilo mesa.
Os dinteis, columnas e penais son de pedra, mentres que o resto é de madeira. No tellado, de dúas augas, destaca o uso de tella do país.
Neste caso, as sobrepenas están rematadas con pináculo e cruz.